GRIAL Nº 72, por Francisco
Fernández del Riego (1981)
Actualizado: setembro 2024
Pódeche interesar:
“[…]
Pero
estábamos
no
balcón
de
Lindín.
Hai
que
baixar
pola
vella
calzada,
pedra
romana,
irmá
do
antergo
paso
lexionario:
o
que
trouxo
a
lingua,
a
lei,
o
arado,
a
columna,
e
quezáis
a
melanconía
virxiliana.
E
atopámonos
logo
no
Pasatempo;
na
ponte
onde
aquela
dona
Constanza
,
que
traguía
o
indulto
do
Mariscal
Pardo
de
Cela,
perdera
-por
mor
dunhas
cortesías
cuns
coengos-
a
cabeza
do
terrible
señor
que
"comía
máis
da
mitade
do
bispado".
Este
pequeno
bairro
muiñeiro
e
panadeiro,
pequeña
Venecia,
illa
leda,
xa
é
Mondoñedo.
Chámase
“Os
Muiños”,
porque
recende
a
pan
que
remata
de
deixar o forno, e porque se escoita cantar de vez a unha fonte e a unha moza.
[…]
Cunqueiro
evocou
este
silencio
e
este
ambiente
unha
chea
de
veces,
e
outros
moitos
motivos
da
sua
cidade
natal.
Tamén
os
viaxes
que
facía
de
alí
á
capital
luguesa:
"Pra
ir
do
val
natío
á
urbe
capitalina
—escribíu—
tiña
que
rubir,
medindo
tres
veces
o
seu
van,
a
Pena
da
Roca.
Desde
onde
din
Prado
e
os
Cornos
da
Lúa,
si
volvía
a
cabeza
dexergaba
no
horizonte
unha
franxa
verdiescura:
era
a
mar.
Pero
de
aquí
pra
enriba
todo
era
terra,
monte
avesío,
altas
xesteiras,
camposas
arnaces. Non había máis flores que as do toxo".
De
Abadín,
que
pousaba
a
ámbalas
beiras
da
estrada,
gostábanlle
as
cercas
de
loureiro
romano
das
eiras;
cercas
fértis
en
melros
e
paporroibos.
Por
veces,
nas
suas
viaxatas,
Cunqueiro
ollaba,
entre
as
verdes
follas
latinas,
unha
brasiña
bermella:
era
o
peito
agachado
do
paporroibo.
Ao
pouco
de
saír
de
Abadín,
no
alto
de
Castromaior,
os
ollos
abríanselle
sobre
as
chairas,
sobre
a
ancha
e
fecunda
Terrachá.
Dexergaba
alí
unha
bidueira,
unha
lama...
Entrando
en
Villalba,
chea
de
friaxe,
sentía
como
un
vóo
todo
de
vencellos,
de
almea
crebada
e
matacán
ferido.
A
partir
da
vila
toda
terra
e
toda
auga
corren
cara
o
Miño,
solemne
déus
fluvial
noso,
de
prateada
barba.
Nos
antigos
agros
de
Saavedra,
ao
pé
de
Cal
da
Loba
-ruina
da
derradeira
rebelión
do
sangue
mariscal-
abrolla o centeo nos sulcos iguais. E a seguido está Lugo.
[…]”.
Grial, revista galega de cultura, Nº72 (1981)
Francisco Fernández del Riego
Agosto 2021