Logotipo Caldaloba
Historia
San Martiño de Pino
Cultura
Galería
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Información mantida e publicada en internet por www.caldaloba.es O contido deste sitio está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International

Pódeche interesar:

HEMEROTECA
O xornal El Progreso do 13 de agosto de 1989 recolle moitas das historias e lendas da Terra Chá, entre elas, as de Caldaloba:
A MEIGA DE CALDALOBA Di unha lenda que nos arredores de castelo de Caldaloba pasou unha tempada unha meiga, das que Mariño Ferro distingue como bruxas-voadoras (seres míticos), en contraposición ás bruxas-curandeiras, persoas reais que teñen poderes. Esta meiga-voadora de Caldaloba saia ós camiños á procura de mozos cos que pasala noite. Un mozo de Xoibán, asaltado pola meiga unha noite, tivo que valerse dun rosario á noite seguinte para librarse da meiga que, escarmentada, acabou fuxindo do lugar. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980. A MOURA FADADA No soto do castelo de Caldaloba, hai unha moura fadada que garda o trigo que rouban as formigas do maior formigueiro do mundo. En Couto Dá, entre Reiriz e Viladonga, na freguesía de Ramil (Castro de Rei), segundo informa Isaac Rielo Carballo, hai unha fonte onde vive unha princesiña moura convertida en troita. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980. A SERPE ENCANTADA Na Pena do Castelo tiña o seu burato unha grande cobra alada, capaz de tragar bois enteiros e que mesmo nunha ocasión papou un home que andaba por alí apañando nos toxos. Para baixar a beber ó rego do Corvos metía a cola na boca e baixaba a rolos polas costas. No pazo de Caldaloba, próximo ó castelo, que coma levamos conta cun magnífico repertorio de seres fantásticos, non falta tampouco unha serpe encantada que nun tempo trouxo aterrorizada á comarca. Un dos donos do pazo, D. Gabriel Antonio de Montenegro deu morte á cobra. Desfeito o encanto o Montenegro incorporou a serpe ó seu escudo. Por García Mato, José L. e Fdo. Dióxenes op. cit.
Foto no progreso de 1989 de Caldaloba
TRANSCRICIÓNS  LER MÁIS Transcricións de textos antigos do castelo e da parroquia de Pino. A HISTORIA EN DIAPOSITIVAS LER MÁIS Historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán) en diapositivas. LIÑA HISTÓRICA DO CASTELO LER MÁIS Liña interactiva da historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán) HEMEROTECA
Logotipo de Caldaloba
San Martiño de Pino
Galería
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Información mantida e publicada en internet por www.caldaloba.es O contido deste sitio está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
febreiro 2025
HEMEROTECA
O xornal El Progreso do 13 de agosto de 1989 recolle moitas das historias e lendas da Terra Chá, entre elas, as de Caldaloba:
A MEIGA DE CALDALOBA Di unha lenda que nos arredores de castelo de Caldaloba pasou unha tempada unha meiga, das que Mariño Ferro distingue como bruxas-voadoras (seres míticos), en contraposición ás bruxas-curandeiras, persoas reais que teñen poderes. Esta meiga-voadora de Caldaloba saia ós camiños á procura de mozos cos que pasala noite. Un mozo de Xoibán, asaltado pola meiga unha noite, tivo que valerse dun rosario á noite seguinte para librarse da meiga que, escarmentada, acabou fuxindo do lugar. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980 A MOURA FADADA No soto do castelo de Caldaloba, hai unha moura fadada que garda o trigo que rouban as formigas do maior formigueiro do mundo. En Couto Dá, entre Reiriz e Viladonga, na freguesía de Ramil (Castro de Rei), segundo informa Isaac Rielo Carballo, hai unha fonte onde vive unha princesiña moura convertida en troita. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980. A SERPE ENCANTADA Na Pena do Castelo tiña o seu burato unha grande cobra alada, capaz de tragar bois enteiros e que mesmo nunha ocasión papou un home que andaba por alí apañando nos toxos. Para baixar a beber ó rego do Corvos metía a cola na boca e baixaba a rolos polas costas. No pazo de Caldaloba, próximo ó castelo, que coma levamos conta cun magnífico repertorio de seres fantásticos, non falta tampouco unha serpe encantada que nun tempo trouxo aterrorizada á comarca. Un dos donos do pazo, D. Gabriel Antonio de Montenegro deu morte á cobra. Desfeito o encanto o Montenegro incorporou a serpe ó seu escudo. Por García Mato, José L. e Fdo. Dióxenes op. cit.
Foto no progreso de 1989 de Caldaloba
Lendas e mitos de Caldaloba TRANSCRICIÓNS  LER MÁIS Transcricións de textos antigos do castelo e da parroquia de Pino. A HISTORIA EN DIAPOSITIVAS LER MÁIS Historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán) en diapositivas. LIÑA HISTÓRICA DO CASTELO LER MÁIS Liña interactiva da historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán)
Historia
Cultura

Pódeche interesar:

HEMEROTECA