Caldaloba
1. Quen eran os fidalgos? Son as persoas pertencentes a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países do occidente de Europa entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro [1]. De forma coloquial, adoita referirse á nobreza non titulada. Na súa etimoloxía, a palabra fidalgo provén de “fide” (fe) que se manifesta en “confianza e lealdade”.

A chamada dos fidalgos para o cerco de Vilaxoán

2. Cal é a súa orixe?

Parece que a súa orixe é probablemente castelá, xa que nas “partillas” de Alfonso X encóntranse as primeiras referencias. Segundo estas, o Rei debía escoller para a guerra a “fidalgos”, homes de bo liñaxe, que tendo vergoña, serviran mellor nela. Na segunda lei das partillas dise [2]: “...que aquel se dice propiamente hidalgo, que de padre, abuelo y bisabuelo desciende de limpia y noble sangre y de buenos y ricos padres; y porque fueron los tales escogidos de buenos lugares y solares, y con algo...por eso les llamaron hijos dalgo, como hijos de bien.” Dende este intre, a palabra “fidalgo” perdurou, encontrándoa no Dicionario de Autoridades definida como: "La persona noble que viene de casa y solar conocido, y como tal está exento de los pechos y derechos que pagan los villanos".
Unha das cousas que tiña ser fidalgo, era que tiñan que acudir como soldados ás chamadas reais para loitar nas guerras. A continuación móstranse “Executorias de fidalguía” recollidas da Real Chancelería de Valladolid do século XVI relacionadas con algúns dos fidalgos que acudiron ó cerco de Vilaxoán:  •	Don Ruy de Barral, o que ás veces chamaban “o vello” veciño das freguesías de Foxado e Grixalba e “... que como tal ome fijodalgo fue a servir al cerco de VillaJuan, por llamamiento que fue hecho a los omes fijosdalgos de esta tierra...”. Consta na Executoria de 1513 que xunto co seu irmán Don Fernando litigara anteriormente en canto á súa condición de fidalgos, ó establecerse no documento que: “... entonces los buenos onbres pecheros quisieran prendar por los [ ] de la hermandad a los dichos Ruy de barral y fernando de barral y quellos se defendieron y non quisieron pagar diziendo que no la devian porque eran fidalgos...” quedando resolto o caso xa que: “... avia ydo al governador de gallizia don fernando de acuña y que este [dio] un mandamiento para que sacasen pesquisas en la dicha tierra para saber de que linaje venian los dichos Ruy de barral y fernando de barral... y que los onbres antiguos avian dicho en las dichas [pesquisas] que los dichos Ruy de barral y fernando de barral no devian pagar ninguna cosa [ ] de pechos porque venian y descendian de omes fijosdalgos notorios del dicho solar de Castro...” [3].  •	Alonso Vidal: non se librou desta obriga e tivo que participar no cerco e asalto do castelo da Frouxeira, defendido naquel tempo por Pardo de Cela. Posteriormente participará na toma do castelo de Vilaxoán, defendido pola filla e o xenro do Mariscal, así o asina unha das testemuñas desta executoria de fidalguía, Xoán de Valiño que redacta o seguinte: “...otro si dixo que este testigo viera yri estar sirviendo al dicho Alonso Vidal como fijodalgo, por mandado del governador de Gallizia, en pena Froxeyra, en el cerco de Villajuan donde vio yr el testigo a servir a los fijosdalgo del dicho Regno de Gallicia por mandado i llamamiento del governador...”Outra testemuña, presentada por Alonso Vidal, será Lope García, un fidalgo de 50 anos e veciño de San Martiño. Este afirma que coñecera a Rodrigo de Vilatuixe, que levaba entre 15 ou 20 anos falecido, polo tanto debeu de morrer entre os anos 1488 e 1493. Este Lope García, que tiña 24 anos no tempo do asalto ao castelo da Frouxeira, ao cal debeu de acudir pola súa condición de fidalgo, asegura que Alonso Vidal participara nesta acción bélica “como ome fijodalgo a servir con los otros omes fijosdalgo de aquella tierra, por mandado del governador, al çerco de Villajuan i a pena Froxera” [4].  •	Diego de Luaçes: segundo a executoria de fidalguía de Xoan de Luaces (1510): “..Otro si dixo el testigo que viera al dicho Diego de Luaçes padre deste que contiende yr a la guerra de Froxera i a la de VillaJuan donde fueran llamados los omesfijosdalgo del dicho Regno de Gallizia a servir por fijodalgo en conpañia de otros fijosdalgo de quellatierra” [4]. •	Afonso Arias: o fidalgo Fernando Pérez, veciño de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos, que debía de ter grande sona e fama na parroquia porque aparece declarando noutros tres preitos de fidalguía de veciños do concello de Barreiros, na súa declaración afirma, ao falar de Afonso Arias, que como fidalgo acudira aos chamados reais: “otros y dixo que savia que al tiempo (roto) Pedro Pardo en la fortaleza de (roto) Alonso Arias, quien contendia en el dicho pleito, fuera con ellos i sirviera en el cerco ciertas tenporadas fasta que se acavara el dicho çerco i que asimismo vio que en el tiempo donde Alonso Lopez de Haro, que a la sazon era gobernador en el dicho Regno, llamara a estas gentes para el combate de VillaJuan que el dicho Alonso Arias el viejo padre del dicho Alonso Arias fuera a servir al dicho combate con otros vecinos de la dicha feligresía de Sant Cosme”. [4]

5. A CHAMADA DOS FIDALGOS Ó CERCO DE VILAXOÁN

A executoria de fidalguía é un documento xudicial que contén a información sobre o preito e a sentenza en virtude da cal se recoñece a condición de fidalgo dunha persoa.  Para ter a condición de fidalgo, tíñase que demostrar que posuía ese recoñecemento alomenos dende tres xeracións anteriores para considerarse inmemorable ó foro de España.  Os títulos nobiliarios acreditativos eran a "carta de mercé”, que os reis outorgaban aos primeiros de cada liñaxe e a "executoria" ou "confirmación". Ás veces, co paso do tempo ou dos traslados, pérdese a memoria da liñaxe, e en consecuencia, a fidalguía. Se se perde a carta de mercé, e se fose posible mostrar a fidalguía, esténdese un privilexio de confirmación, tamén chamado “Executoria”.
Actualizado: novembro 2023

Abril 2023, Suso Pena

Mapa da web
BUSCAR:
Executoria de Fidalguía. Real Chancelería de Valladolid

3. Como se adquire a condición de fidalgo?

Segundo as partillas, viña polo sangue. Nun principio o Rei non podía nomear fidalgos, pero dende finais do século XIV e no XV, co motivo das guerras civís que dividiron Castela, os soberanos recorreron a concesión innumerable de títulos de ennobrecemento co fin de recrutar partidarios. Posteriormente con Carlos I prohibiuse a concesión de novas fidalguías, intentando devolver a estas o carácter de sangue [2].

4. Privilexios dos fidalgos

Eran os mesmos que o resto da nobreza. Á parte da consideración de pertencer ó estamento nobiliario, o privilexio fiscal quizais fose o máis importante (exentos de impostos e cargas). Tamén tiñan privilexios de orde penal, como que non se lles podía someter a tortura (salvo en casos extraordinarios), non podían ir a prisión por débedas; os seus bens estaban exentos de confiscación, non podían ser azoutados, nin aforcados, nin ser conducidos a galeras [2]. No norte (Galicia) a maioría dos fidalgos viven no campo e ademais cultivan as súas terras sen perder a categoría de nobre. Viven en pequenas comunidades e ás veces illados en granxas onde vive unha soa familia [2].
Tapiz de Bayeux

Bibliografía de referencia

[1]. González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. https://academia.gal/dicionario [2] Redondo Alamo, Ángeles. Biblioteca virtual de Cervantes. LA FIGURA DEL HIDALGO EN LA SOCIEDAD ESPAÑOLA. https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/la-figura-del-hidalgo-en-la-sociedad-espanola/html/ [3] Barral de Guérin, Jesús. Barral de Castro. Feligresías de San Xulián de Grixalba y Santa María de Foxado. 2003. [4] Fidalgos Mariñáns que loitaron contra Pardo De Cela. O Gabinete de Foz.

Compartir en:

Pódeche interesar:

HISTORIA DE CALDALOBA LER MÁIS Historia do castelo, do pazo, fondo documental e transcricións OS IRMANDIÑOS ~ CALDALOBA LER MÁIS O preito de Tabera-Fonseca; o interrogatorio, testemuñas,… HEMEROTECA LER MÁIS Colección de artigos dos xornais e revistas sobre Caldaloba.
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Caldaloba
Contacto: caldaloba@caldaloba.es

A chamada dos fidalgos

para o cerco de Vilaxoán

1. Quen eran os fidalgos? Son as persoas pertencentes a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países do occidente de Europa entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro [1]. De forma coloquial, adoita referirse á nobreza non titulada. Na súa etimoloxía, a palabra fidalgo provén de “fide” (fe) que se manifesta en “confianza e lealdade”.
Actualizado: novembro 2023
Mapa da web
BUSCAR:
Executoria de Fidalguía. Real Chancelería de Valladolid

2. Cal é a súa orixe?

Parece que a súa orixe é probablemente castelá, xa que nas “partillas” de Alfonso X encóntranse as primeiras referencias. Segundo estas, o Rei debía escoller para a guerra a “fidalgos”, homes de bo liñaxe, que tendo vergoña, serviran mellor nela. Na segunda lei das partillas dise [2]: “...que aquel se dice propiamente hidalgo, que de padre, abuelo y bisabuelo desciende de limpia y noble sangre y de buenos y ricos padres; y porque fueron los tales escogidos de buenos lugares y solares, y con algo...por eso les llamaron hijos dalgo, como hijos de bien.” Dende este intre, a palabra “fidalgo” perdurou, encontrándoa no Dicionario de Autoridades definida como: "La persona noble que viene de casa y solar conocido, y como tal está exento de los pechos y derechos que pagan los villanos".

3. Como se adquire a condición de fidalgo?

Segundo as partillas, viña polo sangue. Nun principio o Rei non podía nomear fidalgos, pero dende finais do século XIV e no XV, co motivo das guerras civís que dividiron Castela, os soberanos recorreron a concesión innumerable de títulos de ennobrecemento co fin de recrutar partidarios. Posteriormente con Carlos I prohibiuse a concesión de novas fidalguías, intentando devolver a estas o carácter de sangue [2].

4. Privilexios dos fidalgos

Eran os mesmos que o resto da nobreza. Á parte da consideración de pertencer ó estamento nobiliario, o privilexio fiscal quizais fose o máis importante (exentos de impostos e cargas). Tamén tiñan privilexios de orde penal, como que non se lles podía someter a tortura (salvo en casos extraordinarios), non podían ir a prisión por débedas; os seus bens estaban exentos de confiscación, non podían ser azoutados, nin aforcados, nin ser conducidos a galeras [2]. No norte (Galicia) a maioría dos fidalgos viven no campo e ademais cultivan as súas terras sen perder a categoría de nobre. Viven en pequenas comunidades e ás veces illados en granxas onde vive unha soa familia [2].
A executoria de fidalguía é un documento xudicial que contén a información sobre o preito e a sentenza en virtude da cal se recoñece a condición de fidalgo dunha persoa.  Para ter a condición de fidalgo, tíñase que demostrar que posuía ese recoñecemento alomenos dende tres xeracións anteriores para considerarse inmemorable ó foro de España.  Os títulos nobiliarios acreditativos eran a "carta de mercé”, que os reis outorgaban aos primeiros de cada liñaxe e a "executoria" ou "confirmación". Ás veces, co paso do tempo ou dos traslados, pérdese a memoria da liñaxe, e en consecuencia, a fidalguía. Se se perde a carta de mercé, e se fose posible mostrar a fidalguía, esténdese un privilexio de confirmación, tamén chamado “Executoria”.

5. A CHAMADA DOS FIDALGOS

Ó CERCO DE VILAXOÁN

Unha das cousas que tiña ser fidalgo, era que tiñan que acudir como soldados ás chamadas reais para loitar nas guerras. A continuación móstranse “Executorias de fidalguía” recollidas da Real Chancelería de Valladolid do século XVI relacionadas con algúns dos fidalgos que acudiron ó cerco de Vilaxoán:  •	Don Ruy de Barral, o que ás veces chamaban “o vello” veciño das freguesías de Foxado e Grixalba e “... que como tal ome fijodalgo fue a servir al cerco de VillaJuan, por llamamiento que fue hecho a los omes fijosdalgos de esta tierra...”. Consta na Executoria de 1513 que xunto co seu irmán Don Fernando litigara anteriormente en canto á súa condición de fidalgos, ó establecerse no documento que: “... entonces los buenos onbres pecheros quisieran prendar por los [ ] de la hermandad a los dichos Ruy de barral y fernando de barral y quellos se defendieron y non quisieron pagar diziendo que no la devian porque eran fidalgos...” quedando resolto o caso xa que: “... avia ydo al governador de gallizia don fernando de acuña y que este [dio] un mandamiento para que sacasen pesquisas en la dicha tierra para saber de que linaje venian los dichos Ruy de barral y fernando de barral... y que los onbres antiguos avian dicho en las dichas [pesquisas] que los dichos Ruy de barral y fernando de barral no devian pagar ninguna cosa [ ] de pechos porque venian y descendian de omes fijosdalgos notorios del dicho solar de Castro...” [3].  •	Alonso Vidal: non se librou desta obriga e tivo que participar no cerco e asalto do castelo da Frouxeira, defendido naquel tempo por Pardo de Cela. Posteriormente participará na toma do castelo de Vilaxoán, defendido pola filla e o xenro do Mariscal, así o asina unha das testemuñas desta executoria de fidalguía, Xoán de Valiño que redacta o seguinte: “...otro si dixo que este testigo viera yri estar sirviendo al dicho Alonso Vidal como fijodalgo, por mandado del governador de Gallizia, en pena Froxeyra, en el cerco de Villajuan donde vio yr el testigo a servir a los fijosdalgo del dicho Regno de Gallicia por mandado i llamamiento del governador...”Outra testemuña, presentada por Alonso Vidal, será Lope García, un fidalgo de 50 anos e veciño de San Martiño. Este afirma que coñecera a Rodrigo de Vilatuixe, que levaba entre 15 ou 20 anos falecido, polo tanto debeu de morrer entre os anos 1488 e 1493. Este Lope García, que tiña 24 anos no tempo do asalto ao castelo da Frouxeira, ao cal debeu de acudir pola súa condición de fidalgo, asegura que Alonso Vidal participara nesta acción bélica “como ome fijodalgo a servir con los otros omes fijosdalgo de aquella tierra, por mandado del governador, al çerco de Villajuan i a pena Froxera” [4].  •	Diego de Luaçes: segundo a executoria de fidalguía de Xoan de Luaces (1510): “..Otro si dixo el testigo que viera al dicho Diego de Luaçes padre deste que contiende yr a la guerra de Froxera i a la de VillaJuan donde fueran llamados los omesfijosdalgo del dicho Regno de Gallizia a servir por fijodalgo en conpañia de otros fijosdalgo de quellatierra” [4]. •	Afonso Arias: o fidalgo Fernando Pérez, veciño de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos, que debía de ter grande sona e fama na parroquia porque aparece declarando noutros tres preitos de fidalguía de veciños do concello de Barreiros, na súa declaración afirma, ao falar de Afonso Arias, que como fidalgo acudira aos chamados reais: “otros y dixo que savia que al tiempo (roto) Pedro Pardo en la fortaleza de (roto) Alonso Arias, quien contendia en el dicho pleito, fuera con ellos i sirviera en el cerco ciertas tenporadas fasta que se acavara el dicho çerco i que asimismo vio que en el tiempo donde Alonso Lopez de Haro, que a la sazon era gobernador en el dicho Regno, llamara a estas gentes para el combate de VillaJuan que el dicho Alonso Arias el viejo padre del dicho Alonso Arias fuera a servir al dicho combate con otros vecinos de la dicha feligresía de Sant Cosme”. [4]

Bibliografía de referencia

[1]. González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. https://academia.gal/dicionario [2] Redondo Alamo, Ángeles. Biblioteca virtual de Cervantes. LA FIGURA DEL HIDALGO EN LA SOCIEDAD ESPAÑOLA. https://www.cervantesvirtual.com/obra- v i s o r / l a - f i g u r a - d e l - h i d a l g o - e n - l a - s o c i e d a d - espanola/html/ [3] Barral de Guérin, Jesús. Barral de Castro. Feligresías de San Xulián de Grixalba y Santa María de Foxado. 2003. [4] Fidalgos Mariñáns que loitaron contra Pardo De Cela. O Gabinete de Foz.