Símbolo da resistencia da nobreza galega
Caldaloba
Actualizado: novembro 2023
Mapa da web
BUSCAR:
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.

Caldaloba: historia

A continuación, móstrase a historia do castelo de Vilaxoán, do pazo de Caldaloba, da parroquia de San Martiño de Pino, dende as orixes, transcricións antigas, referencias, ferramentas e contido interactivo.

Carta de Fernando Pérez de Andrade

Transcrición da Carta que ten por título: “Don Femando Pérez de Andrade dóalle a dona Sancha, a súa sobriña, o couto de Felmil”. Nesta carta de doazón, Don Fernando fai alusión íntegra ó castelo de Vilaxoán como propiedade súa para situar o coto de Felmil nas súas inmediacións (“…meu castelo de Vila Iohan…”).
Ir a transcrición Ir a transcrición

Carta de aforamento ó notario Xoán López

Esta carta recolle o aforamento que fai o bispo de Lugo ó notario Xoán López, á súa muller e a unha voz os casais de Taboelle e Vilar nas freguesías de San Miguel de Orbazai e Santa Maria Madalena de Adai, por renda anual dunha carga de centeo, cincuenta maravedís e trece ducias de anguías. Nesta carta alúdese ós caneiros de Porto de Ombreiro e ó de María Conteira, danados e derrubados co obxectivo de sacar e levar as pedras para Vilaxoán (para os tributos) durante o asedio a Fernán Ares de Saavedra.

Carta da chancelería de Valladolid

Carta executoria da chancelería de Valladolid, que recolle todos os incidentes do preito entre o Cabido de Mondoñedo e o cabaleiro Pedro de Bolaño pola que, trala apelación formulada por este, decidiu a favor do referido Cabido, confirmando a sentencia dada por García de la Parra (Cf Doc. 201B) sobre a Sucesión de Burela. Nesta carta recóllense varios incidentes do preito entre o Cabido de Mondoñedo e o cabaleiro Pedro de Bolaño, pero sobresae a parte onde se reflite a resistencia de Fernán Ares de Saavedra na fortaleza de Vilaxoán.
Ir a transcrición Ir a transcrición

A décima: “… Yglesia de San Martinno de Pyno…”

Esta carta relata a contenda da “décima”, un Subsidio Apostólico en relación a unha contribución especial outorgada pola Santa Sede e pagado polo clero á Coroa para a loita en Granada, neste caso, no Reino de Galicia encargouse un xuíz-comisario e subcolector apostólico da recadación, contribuíndo todas as parroquias do bispado de Mondoñedo, coas súas igrexas, capelas e mosteiros. Neste libro de contas, sinálase o Arcediagado de Montenegro e as súas igrexas, figurando a igrexa de San Martiño de Pino; “...la yglesia de San Martinno de Pyno tres mill et quinientos marebedís.”.
Ir a transcrición Ir a transcrición Ir a transcrición Ir a transcrición

“Que Diego López de Haro no derribe la fortaleza de Villajuan”

Mandamento a Diego López de Haro, xustiza maior do Reino de Galicia, a petición de D. Fernando de Acuña, do Consello Real, para que non se derrube á fortaleza de Vilaxoán, pertencente ó morgado do vizconde D. Alonso Pérez de Vivero. Nesta carta do ano 1484, o escribán redacta unha decisión dos Reis Católicos sobre o cercado da fortaleza de Vilaxoán (no documento, Villaiohan), polo cal deixa o seguinte mandamento: […] Lo qual, por nos visto, fue mandado dar ésta, nuestra carta, para vos en la dicha razón por la qual vos mandamos que, tomada la dicha fortaleza de Villaiohán, la non derroquedes ni fagades ni consintades derrocar fasta tanto que nos vos enbiemos mandar lo que sobre ello se deva fazer; e non fagades ende al.”
Ir a transcrición Ir a transcrición

“Que se den al Vizconde Don Alonso Pérez de Vivero las rentas de la

fortaleza de Villajuán”

Nesta carta asinada polos Reis Católicos, redáctase unha boa parte da historia do castelo de Vilaxoán (Caldaloba), co único obxectivo de reclamar a devolución das rendas e os bens da fortaleza ó Vizconde Don Alonso Pérez de Vivero. Nesta carta, amósanse os feitos de como a fortaleza de Vilaxoán foi entregada polo Vizconde ó gobernador de Galicia D. Fernando de Acuña para o seu apousentamento, e que máis tarde, cando este estaba en Castela, tomou e furtou D. Ferrand Arias de Saavedra, feito polo cal, cercou e tomou finalmente o gobernador López de Haro.
Ir a transcrición Ir a transcrición

Caldaloba: transcricións

Tratamento das transcricións feitas de textos antigos en relación ó castelo de Vilaxoán (Caldaloba) e á parroquia de San Martiño de Pino (Cospeito), coa finalidade de interpretar, coñecer, datar e asignar o lugar de orixe do documento contextualizándoo na historia.

“Comisión ós alcaldes maiores de Galicia”

Comisión ós alcaldes maiores de Galicia, a petición de Juan Arias de Párraga, cóengo de Lugo, sobre que Alvar González de Ribadeneyra o desposuíu dos beneficios que se indican neste documento, situados no obispado de Lugo, en terra que foi de Ferrand Arias, “el de Villajuán”. Este documento datouse en novembro de 1494, unha década despois do asedio ó Castelo de Vilaxoán (1484). Álvaro González de Ribadeneira foi a quen se lle adxudicaron os bens de D. Fernan Ares segundo os pregóns lidos polo escribán da Cámara e notario público da Corte D. Alonso Álvaro de Toledo (11 de xuño de 1485, praza das Cortiñas, Lugo).
Ir a transcrición Ir a transcrición

“Mercé a Dª Constanza de Saavedra, filla de D. Fernán Ares”

Mercé a Dª Constanza de Saavedra, filla de D. Fernán Arias de Saavedra, sobre a parte dos bens do seu pai que foran confiscados para a Cámara, e dos que as súas Maxestades aínda non dispuxeran en beneficio de ninguén. Transcrición da carta do 10 de abril do ano 1499.
Ir a transcrición Ir a transcrición HISTORIA DO CASTELO HISTORIA DO PAZO FONDO DOCUMENTAL TRANSCRICIONS
Contacto: caldaloba@caldaloba.es
Caldaloba

Caldaloba: historia

A continuación, móstrase a historia do castelo de Vilaxoán, do pazo de Caldaloba, da parroquia de San Martiño de Pino, dende as orixes, transcricións antigas, referencias, ferramentas e contido interactivo.
Símbolo da resistencia da nobreza galega
Actualizado: novembro 2023
Mapa da web
BUSCAR:
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International

Carta de Fernando Pérez

de Andrade

Transcrición da Carta que ten por título: “Don Femando Pérez de Andrade dóalle a dona Sancha, a súa sobriña, o couto de Felmil”. Nesta carta de doazón, Don Fernando fai alusión íntegra ó castelo de Vilaxoán como propiedade súa para situar o coto de Felmil nas súas inmediacións (“…meu castelo de Vila Iohan…”).
Ir a transcrición Ir a transcrición

Carta de aforamento ó

notario Xoán López

Esta carta recolle o aforamento que fai o bispo de Lugo ó notario Xoán López, á súa muller e a unha voz os casais de Taboelle e Vilar nas freguesías de San Miguel de Orbazai e Santa Maria Madalena de Adai, por renda anual dunha carga de centeo, cincuenta maravedís e trece ducias de anguías. Nesta carta alúdese ós caneiros de Porto de Ombreiro e ó de María Conteira, danados e derrubados co obxectivo de sacar e levar as pedras para Vilaxoán (para os tributos) durante o asedio a Fernán Ares de Saavedra.

Carta da chancelería de

Valladolid

Carta executoria da chancelería de Valladolid, que recolle todos os incidentes do preito entre o Cabido de Mondoñedo e o cabaleiro Pedro de Bolaño pola que, trala apelación formulada por este, decidiu a favor do referido Cabido, confirmando a sentencia dada por García de la Parra (Cf Doc. 201B) sobre a Sucesión de Burela. Nesta carta recóllense varios incidentes do preito entre o Cabido de Mondoñedo e o cabaleiro Pedro de Bolaño, pero sobresae a parte onde se reflite a resistencia de Fernán Ares de Saavedra na fortaleza de Vilaxoán.
Ir a transcrición Ir a transcrición

A décima: “… Yglesia de

San Martinno de Pyno…”

Esta carta relata a contenda da “décima”, un Subsidio Apostólico en relación a unha contribución especial outorgada pola Santa Sede e pagado polo clero á Coroa para a loita en Granada, neste caso, no Reino de Galicia encargouse un xuíz-comisario e subcolector apostólico da recadación, contribuíndo todas as parroquias do bispado de Mondoñedo, coas súas igrexas, capelas e mosteiros. Neste libro de contas, sinálase o Arcediagado de Montenegro e as súas igrexas, figurando a igrexa de San Martiño de Pino; “...la yglesia de San Martinno de Pyno tres mill et quinientos marebedís.”.
Ir a transcrición Ir a transcrición

“Que Diego López de Haro

no derribe la fortaleza de

Villajuan”

Mandamento a Diego López de Haro, xustiza maior do Reino de Galicia, a petición de D. Fernando de Acuña, do Consello Real, para que non se derrube á fortaleza de Vilaxoán, pertencente ó morgado do vizconde D. Alonso Pérez de Vivero. Nesta carta do ano 1484, o escribán redacta unha decisión dos Reis Católicos sobre o cercado da fortaleza de Vilaxoán (no documento, Villaiohan), polo cal deixa o seguinte mandamento: “ […] Lo qual, por nos visto, fue mandado dar ésta, nuestra carta, para vos en la dicha razón por la qual vos mandamos que, tomada la dicha fortaleza de Villaiohán, la non derroquedes ni fagades ni consintades derrocar fasta tanto que nos vos enbiemos mandar lo que sobre ello se deva fazer; e non fagades ende al.”
Ir a transcrición Ir a transcrición

“Que se den al Vizconde

Don Alonso Pérez de Vivero

las rentas de la fortaleza de

Villajuán”

Nesta carta asinada polos Reis Católicos, redáctase unha boa parte da historia do castelo de Vilaxoán (Caldaloba), co único obxectivo de reclamar a devolución das rendas e os bens da fortaleza ó Vizconde Don Alonso Pérez de Vivero. Nesta carta, amósanse os feitos de como a fortaleza de Vilaxoán foi entregada polo Vizconde ó gobernador de Galicia D. Fernando de Acuña para o seu apousentamento, e que máis tarde, cando este estaba en Castela, tomou e furtou D. Ferrand Arias de Saavedra, feito polo cal, cercou e tomou finalmente o gobernador López de Haro.
Ir a transcrición Ir a transcrición Ir a transcrición Ir a transcrición

Caldaloba: transcricións

Tratamento das transcricións feitas de textos antigos en relación ó castelo de Vilaxoán (Caldaloba) e á parroquia de San Martiño de Pino (Cospeito), coa finalidade de interpretar, coñecer, datar e asignar o lugar de orixe do documento contextualizándoo na historia.

“Comisión ós alcaldes

maiores de Galicia”

Comisión ós alcaldes maiores de Galicia, a petición de Juan Arias de Párraga, cóengo de Lugo, sobre que Alvar González de Ribadeneyra o desposuíu dos beneficios que se indican neste documento, situados no obispado de Lugo, en terra que foi de Ferrand Arias, “el de Villajuán”. Este documento datouse en novembro de 1494, unha década despois do asedio ó Castelo de Vilaxoán (1484). Álvaro González de Ribadeneira foi a quen se lle adxudicaron os bens de D. Fernan Ares segundo os pregóns lidos polo escribán da Cámara e notario público da Corte D. Alonso Álvaro de Toledo (11 de xuño de 1485, praza das Cortiñas, Lugo).
Ir a transcrición Ir a transcrición

“Mercé a Dª Constanza

de Saavedra, filla de D.

Fernán Ares”