Símbolo da resistencia da nobreza galega
Caldaloba
Actualizado: novembro 2023
Mapa da web
BUSCAR:
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.

CATASTRO DO MARQUES DE ENSENADA

Este catastro constitúe a máis antiga e exhaustiva enquisa dispoñible sobre os pobos da Coroa de Castela a mediados do século XVIII. Entre os anos 1750 e 1754 todas as poboacións da Coroa foron sometidas a un interrogatorio de 40 preguntas. Velaquí as de San Martiño de Pino (Cospeito):
Máis información Máis información

ALVARO CUNQUEIRO

O libro “El pasajero en Galicia” recolle unha serie de artigos que escribiu Cunqueiro para o diario “Faro de Vigo”, unha crónica turística e sentimental do seu país natal, onde creou o artigo de “Cal da Loba “. Tamén no libro “Cunqueiro en la radio, cada día tiene su historia y otras series”, que recolle as intervencións radiofónicas que fixo o escritor, fai alusións a Cal da Loba o redactar a decapitación do mariscal Pardo de Cela .
Máis información Máis información

OS CAMIÑOS E MONUMENTOS ANTIGOS

Segundo a obra de José Villa-Amil y Castro moitas das fortalezas medievais existentes emprázanse sobre asentamentos castrexos, sinalando a tal efecto o castelo de Caldaloba.
Máis información Máis información

ANXEL FOLE SOBRE CAL DA LOBA

Dende a HEMEROTECA, aparece unha referencia á orixe do nome de Cal da Loba feita polo escritor Ánxel Fole no ano 1968 (no xornal El Progreso).
Máis información

ETIMOLOXIA: ORIXE DO NOME CAL DA LOBA

Orixe do nome Cal da Loba; un estudo sobre a súa orixe en base á toponimia das vías romanas e adaptado á realidade galega.
Máis información Máis información Máis información

O PLANO MAIS ANTIGO SOBRE O CASTELO DE CALDALOBA -1876-

No libro “Museo Español de Antigüedades: bajo la dirección del doctor Don Juan de Dios de la Rada y Delgado” Tomo VII, ano 1876 e baixo o artigo “Os Castros en Galicia” de D. José Villamil y Castro, aparece o debuxo natural a escala da Torre de Caldaloba en planta e sección, amosando as dimensións dos fosos, explanadas e profundidade.
Máis información Máis información

A VIAXE DOS REIS CATÓLICOS A GALICIA.

No libro Historia de la ciudad de La Coruña: la edad antigua y la media escrita polo historiador e político galego D. Emilio González López e publicado no ano 1992, no capítulo 104 titulado EL VIAJE DE LOS REYES CATÓLICOS A GALICIA Y SU VISITA A LA CORUÑA. LA FERIA DE VERANO DE LA CORUÑA, ESPECIE DE PUERTO FRANCO redacta a pasaxe do asedio no castelo de Vilaxoán, aportando novos datos de interese.
De Anónimo - GEO Epoche. Als Spanien die Welt beherrschte, vol. 31, 2008, p. 45, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=25293729
Máis información Máis información

VILLALBA Y SU JURISDICCIÓN

La Cal d´a Loba (Villajoán), así foi como o escritor e historiador Vicente Otero Cao asinou un dos capítulos da súa obra “Villalba y su Jurisdicción” no ano 1958. No exemplar que custodia a RAG (Real Academia Galega) e que se analiza nesta páxina, destaca a foto do castelo presumiblemente do ano 1958, a alusión os fosos e contrafosos, a ponte levadiza e incluso os dous pisos subterráneos para refuxio. Tamén fala do asedio e da casa señorial (Pazo de Caldaloba).
Máis información Máis información

CARTA DA RAÍÑA JUANA A CONSTANZA DE SAAVEDRA

Na obra do historiador e mercante galego César Vaamonde Lores (1914-1915) titulada Gómez Pérez das Mariñas y sus descendientes publicado nos Boletíns da Real Academia Galega, relata os feitos de D. Diego de Andrade, entre os cales, subliña a axuda que prestou para sacar a D. Fernán Ares de Saavedra de Villa Juan. Por outro lado, amosa unha carta da Raíña Juana dirixida a Constanza de Saavedra, a filla de D. Fernan Ares de Saavedra e de Constanza de Castro, un escrito que mostra certos detalles do asedio e dos bens que lle confiscaran ó seu pai.
Máis información Máis información

A HISTORIA DE CALDALOBA, POR D. MANUEL AMOR MEILÁN

O periodista, poeta, novelista, antropólogo, dramaturgo, historiador e fundador da Real Academia Galega en 1905, D. Manuel Amor Meilán, membro tamén da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A de Barcelona e de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, escribiu sobre o castelo de Caldaloba (Vilaxoán) no ano 1928, no tomo IV (Provincia de Lugo) do libro Geografía General de el Reino de Galicia ”. Neste artigo recolle unha fotografía asinada por Clisé de R. y Losada ”, o asedio no castelo, referencias o historiador López Ferreiro e as divisións posteriores en cotos e xurisdiccións.
Máis información Máis información

HISTOTIA DE GALICIA, POR D. BENITO VICETTO

Benito Vicetto foi periodista, historiador, dramaturgo e novelista español. Exerceu como militar, oficial de prisións, director da Real Casa da Moeda de Xubia e funcionario de Facenda. Cabe destacar o seu labor como historiador na súa obra “Historia de Galicia” (1865) que abarca dende a Prehistoria ata o Reinado de Isabel II, onde aparecen citas ó castelo de Vilaxoán (Caldaloba).
Máis información Máis información

“CALDALOBA (LUGO): VILLAJUÁN”, POR EDWARD COOPER

Edward Cooper, doutor pola Universidade de Cambridge cunha tesis sobre os castelos señoriales de Castela, feita baixo a dirección de Sir John Elliott. A súa labor docente como profesor de Historia da Arte e Deseño desenvolveuna sempre en escolas de artes e oficios en Liverpool e Londres. Na súa obra “Castillos señoriales en la Corona de Castilla” publicada en 1991 en 4 volúmenes pola Universidade de Salamanca, amosa unha cita sobre o castelo de Caldaloba (Vilaxoán).
Máis información Máis información

Caldaloba: historia

A continuación, móstrase a historia do castelo de Vilaxoán, do pazo de Caldaloba, da parroquia de San Martiño de Pino, dende as orixes, transcricións antigas, referencias, ferramentas e contido interactivo.
HISTORIA DO CASTELO HISTORIA DO PAZO FONDO DOCUMENTAL TRANSCRICIONS
Contacto: caldaloba@caldaloba.es
Caldaloba

Caldaloba: historia

A continuación, móstrase a historia do castelo de Vilaxoán, do pazo de Caldaloba, da parroquia de San Martiño de Pino, dende as orixes, transcricións antigas, referencias, ferramentas e contido interactivo.
Símbolo da resistencia da nobreza galega
Actualizado: novembro 2023
Mapa da web
BUSCAR:
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International

Catastro do Marqués de

Ensenada

Este catastro constitúe a máis antiga e exhaustiva enquisa dispoñible sobre os pobos da Coroa de Castela a mediados do século XVIII. Entre os anos 1750 e 1754 todas as poboacións da Coroa foron sometidas a un interrogatorio de 40 preguntas. Velaquí as de San Martiño de Pino (Cospeito):
Máis información Máis información

Álvaro Cunqueiro

O libro “El pasajero en Galicia” recolle unha serie de artigos que escribiu Cunqueiro para o diario “Faro de Vigo”, unha crónica turística e sentimental do seu país natal, onde creou o artigo de “Cal da Loba “. Tamén no libro “Cunqueiro en la radio, cada día tiene su historia y otras series”, que recolle as intervencións radiofónicas que fixo o escritor, fai alusións a Cal da Loba o redactar a decapitación do mariscal Pardo de Cela.
Máis información Máis información

Os camiños e

monumentos antigos

Segundo a obra de José Villa- Amil y Castro moitas das fortalezas medievais existentes emprázanse sobre asentamentos castrexos, sinalando a tal efecto o castelo de Caldaloba.
Máis información Máis información

Ánxel Fole sobre Cal da Loba

Dende a HEMEROTECA, aparece unha referencia á orixe do nome de Cal da Loba feita polo escritor Ánxel Fole no ano 1968 (no xornal El Progreso).
Máis información

Etimoloxía: Cal da Loba

Orixe do nome Cal da Loba; un estudo sobre a súa orixe en base á toponimia das vías romanas e adaptado á realidade galega.
Máis información Máis información Máis información

O PLANO MAIS ANTIGO

SOBRE O CASTELO DE

CALDALOBA -1876-

No libro “Museo Español de Antigüedades: bajo la dirección del doctor Don Juan de Dios de la Rada y Delgado” Tomo VII, ano 1876 e baixo o artigo “Os Castros en Galicia” de D. José Villamil y Castro, aparece o debuxo natural a escala da Torre de Caldaloba en planta e sección, amosando as dimensións dos fosos, explanadas e profundidade.
Máis información Máis información

VILLALBA Y SU JURISDICCIÓN

La Cal d´a Loba (Villajoán), así foi como o escritor e historiador Vicente Otero Cao asinou un dos capítulos da súa obra “Villalba y su Jurisdicción” no ano 1958. No exemplar que custodia a RAG (Real Academia Galega) e que se analiza nesta páxina, destaca a foto do castelo presumiblemente do ano 1958, a alusión os fosos e contrafosos, a ponte levadiza e incluso os dous pisos subterráneos para refuxio. Tamén fala do asedio e da casa señorial (Pazo de Caldaloba).
Máis información Máis información

A VIAXE DOS REIS

CATÓLICOS A GALICIA.

No libro “Historia de la ciudad de La Coruña: la edad antigua y la media” escrita polo historiador e político galego D. Emilio González López e publicado no ano 1992, no capítulo 104 titulado “EL VIAJE DE LOS REYES CATÓLICOS A GALICIA Y SU VISITA A LA CORUÑA. LA FERIA DE VERANO DE LA CORUÑA, ESPECIE DE PUERTO FRANCO” redacta a pasaxe do asedio no castelo de Vilaxoán, aportando novos datos de interese.
De Anónimo - GEO Epoche. Als Spanien die Welt beherrschte, vol. 31, 2008, p. 45, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=25293729
Máis información Máis información

CARTA DA RAÍÑA JUANA A

CONSTANZA DE SAAVEDRA

Na obra do historiador e mercante galego César Vaamonde Lores (1914-1915) titulada “Gómez Pérez das Mariñas y sus descendientes publicado nos Boletíns da Real Academia Galega, relata os feitos de D. Diego de Andrade, entre os cales, destaca a axuda que prestou para sacar a D. Fernán Ares de Saavedra de Villa Juan. Por outro lado, amosa unha carta da Raíña Juana dirixida a Constanza de Saavedra, a filla de D. Fernan Ares de Saavedra e de Dª Constanza de Castro, un escrito que mostra certos detalles do asedio e dos bens que lle confiscaran ó seu pai.
Máis información Máis información

A HISTORIA DE

CALDALOBA, POR D.

MANUEL AMOR MEILÁN

O periodista, poeta, novelista, antropólogo, dramaturgo, historiador e fundador da Real Academia Galega en 1905, D. Manuel Amor Meilán, membro tamén da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A de Barcelona e de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, escribiu sobre o castelo de Caldaloba (Vilaxoán) no ano 1928, no tomo IV (Provincia de Lugo) do libro “Geografía General de el Reino de Galicia”. Neste artigo recolle unha fotografía asinada por Clisé de R. y Losada”, o asedio no castelo, referencias o historiador López Ferreiro e as divisións posteriores en cotos e xurisdiccións.
Máis información Máis información

HISTOTIA DE GALICIA, POR

D. BENITO VICETTO

Benito Vicetto foi periodista, historiador, dramaturgo e novelista español. Exerceu como militar, oficial de prisións, director da Real Casa da Moeda de Xubia e funcionario de Facenda. Cabe destacar o seu labor como historiador na súa obra “Historia de Galicia” (1865) que abarca dende a Prehistoria ata o Reinado de Isabel II, onde aparecen citas ó castelo de Vilaxoán (Caldaloba).
Máis información Máis información

“CALDALOBA (LUGO):

VILLAJUÁN”, POR EDWARD

COOPER

Edward Cooper, doutor pola Universidade de Cambridge cunha tesis sobre os castelos señoriales de Castela, feita baixo a dirección de Sir John Elliott. A súa labor docente como profesor de Historia da Arte e Deseño desenvolveuna sempre en escolas de artes e oficios en Liverpool e Londres. Na súa obra “Castillos señoriales en la Corona de Castilla” publicada en 1991 en 4 volúmenes pola Universidade de Salamanca, amosa unha cita sobre o castelo de Caldaloba (Vilaxoán).
Máis información Máis información HISTORIA  DO CASTELO HISTORIA  DO PAZO FONDO  DOCUMENTAL TRANSCRICIONS